MAS DE UNO OURENSE

Ourense contabilizou perto de 2500 novos casos de cancro

En "Más de Uno Ourense", Paco Sarria conversou co presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, Germán Rodríguez Saa

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense |

O celebración do "Día Mundial de Loita Contra o Cancro" foi a razón de convidar ós estudios de Onda Cero ó presidente da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, Germán Rodríguez Saa, que asistíu en Madrid ó acto central en representación das asociacións galegas nun acto reivindicativo para que os datos oncolóxicos sexan traballados dun xeito homoxéneo, ordenado e coherente en beneficio de tódolos pacientes.

Coñecemos tamén o dato de que en Ourense contabilizamos perto de 2500 novos casos de cancro e que a cifra irá en aumento ata nun 10% cara ó ano 2050.