Con Paco Sarria

Un sirio busca as suas orixes en A Mezquita

Un xove cidadán Sirio, residente actualmente en Londres, está en Ourense na percura dos seus antepasados. A sua bisavoa, Teodora Asenjo, nada en 1906 na provincia de Ourense emigrou a Brasil, onde casou e logo emigrou novamente a Siria. De alí marchou, fuxindo da guerra, seu bisneto Eiad Zinah, que agora busca familiares en localidades como A Mezquita. En Onda Cero explicou que era seu avó quen lle falaba das suas orixes españolas e que no seu país bromeaban con el polos seus rasgos. Si consigue atopar as suas orixes, Eiad quere obter a nacionalidade española para así poder traer á sua familia que actualmente sigue en Damasco. En redes sociais como Facebook abríu unha páxina co nome da sua bisavoa coa que contacta con cantos vai coñecendo en Galicia.

ondacero.es

|