O Parque Tecnolóxico de Galicia pon en marcha unha nova edición das Aulas Tecnópole. Trátase de cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudiantes de 12 a 18 anos.
A matrícula xa está aberta e pode realizarse ata o 30 de setembro (ou ata esgotar prazas), ó través do enderezo da web https://tecnopole.gal/aulas-tecnopole/ .
A proposta encádrase dentro das actividades "Tecnópole Divulga" que busca incentivar as vocacións científicas e técnicas, así como o espírito emprendedor entre as xeracións futuras..
As prazas están limitadas a 45 asistentes por orde de inscripción e a cota mensual de 20 euros inclúe o transporte dende varios puntos da cidade de Ourense.