O Concello de Ourense acolleu este mércores unha reunión para analizar o estado da comarcalización do servizo de Bombeiros, e para seguir dando os pasos necesarios e axilizar o proceso. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Seguridade, Carlos Campos e a concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure, mantiveron un encontro co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; o xefe do Servizo de Seguridade, José González Cores e o presidente do Consorcio Provincial, Pablo Pérez, para seguir avanzando neste proxecto.
Avances para a comarcalización do servicio de bombeiros
Representantes de todas as administracións implicadas no proceso analizaron a situación actual, así como os pasos a seguir no futuro
![Reunión Ourense Reunión Ourense](https://image.ondacero.es/clipping/cmsimages01/2019/04/04/43C9F7C2-5777-49D8-BCC1-3F67BCB092B7/98.jpg?crop=1600,900,x0,y0&width=1900&height=1069&optimize=high&format=webply)