O director de Turismo de Galicia, o valdeorrés José Merelles salientou o bo ritmo das obras do Castelo de Monterrei nas que a Xunta inviste 14 millóns de euros.
A rehabilitación deste inmoble encádrase no Plan Xacobeo Next Generation no que a administración autonómica xestiona 22,7 millóns de euros na rehabilitación de Bens de Interese Cultural na nosa comunidade.
No Castelo de Monterrei está a realizarse unha rehabilitación estructural e paisaxística, intervindo sobre unha superficie de 20.000 metros cadrados que inclúen espazos como a casa cuartel, o antigo concello, a Torre de San Francisco, Corpos de Garda, centro de visitantes e os accesos ás diferentes portas.