Axón e Adega das Caldas, premiados por AJE Ourense
Renacer (Compromiso Social) e Alfonso Sánchez Izquierdo (Mentor) tamén foron recoñecidos pola Asociación de Jóvenes Empresarios.
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense vén de celebrar a oitava edición dos seus premios anuais, cos que recoñece a valentía dos xóvenes empresarios e empresarias da provincia, e fíxoo cunha gala que tivo lugar este 11 de decembro no Teatro Principal de Ourense, conducida pola presentadora da TVG Lucía Rodríguez e á que non faltaron destacadas autoridades do mundo político e empresarial, así como os presidentes de outras AJE´s provinciais e da CEAJE.
[[DEST:Compromiso Social]]
O primeiro galardón entregado foi o de “Compromiso Social 2020”, que recalou en Renacer, asociación á que o xurado recolleceu o “espectacular labor que leva a cabo tanto cos afectados polo cancro como cos seus familiares, aos que presta un enorme abano de servizos con recursos moitas veces bastante axustados”.
[[DEST:Mentor 2019]]
En segundo lugar, Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, recibiu o premio “Mentor 2019” e aínda que non puido estar presente na gala enviou mediante vídeo o seu agradecemento e recoñecemento ao traballo dos xóvenes empresarios ourensáns.
[[DEST:Mellor Iniciativa Emprendedora 2019]]
E chegou entón o turno dos dous galardóns máis especiais, os que recoñecen, entre os socios de AJE, o traballo realizado durante este ano, o seu tesón e valentía. Así, o premio á “Mellor Iniciativa Emprendedora 2019” foi para AXÓN, Centro de rehabilitación neurolóxica e pedátrica. Todos os seus integrantes subiron ao escenario moi emocionados e nerviosos para recoller este galardón, co que o xurado quixo poñer en valor “a súa visión de futuro, innovación e capacidade de improvisación ante as adversidades”.
[[DEST:Mellor Empresario 2019]]
Pola súa banda, o premio ao “Mellor empresario 2019” foi para Pablo Domínguez, xerente de Adega das Caldas, que cun discurso de agradecemento improvisado e agarimoso, e ante a atenta mirada da súa familia, recolleu este recoñecemento co que o xurado o calificou como “un exemplo para todos os xóvenes empresarios”, destacando “o seu traballo duro e a aposta por un sector hostaleiro digno e de calidade. Valorando a capacidade de innovación, empredemento e os magníficos resultados”
Cos estes premios anuais, AJE Ourense, a través do seu presidente, Lois Babarro, que anuncio o final da súa etapa no cargo logo de seis anos no mesmo, animou aos xóvenes empresarios a seguir apostando polo traballo duro e o esforzo, e destacou a súa aposta pola creación de oportunidades para as próximas xeracións. Valentes, sen medo á innovación, buscan a oportunidade da unión para facer a forza necesaria para contribuir ao crecemento económico da provincia.