Baixa o paro na provincia pero o emprego segue en precario
CCOO lamenta a insignificante diminución do paro en marzo e apuntan a inanición e desinterese das institucións políticas e empresariais pola recuperación socioeconómica e laboral da provincia
CCOO de Ourense considera insignificante e aplastante a diminución do paro no mes de marzo en tan sólo 32 persoas e afirma que os datos reflicten tozudamente, outro mes máis, que a economía provincial segue estancada, sen perspectivas de mellora e cunha precariedade que sume na pobreza a milleiros de ourensáns, sendo temporais o 88% dos contratos asinados en marzo, reproducíndose un modelo de emprego negativo que se reproduce mes tras mes e ano tras ano na provincia. CCOO advirte que, ainda que o desemprego descendeu en marzo en 32 persoas, é o sector servizos o que engrosa máis as listas de persoas desempregadas cun incremento de 86, pendente da precaria contratación estacional de cara á Semana Santa agora no mes de abril.
Mismos parámetros para o colectivo ‘sen emprego anterior’ que sube en 37 persoas paradas mais con respecto ao mes anterior. O actual deterioro do mercado laboral provincial, producto dunha precariedade xa arraigada, trasládase a un maior empobrecemento e a un aumento da desigualdade e da pobreza. A precariedade e sinónimo de ‘pobreza laboral’ que sigue a aumentar entre a poboación ourensá cun 42% de fogares que se mantén tan solo a base das prestacións. Para CCOO de Ourense “esta situación non produce solvencia económica” e apuntan a “necesidade de recuperar a demanda interna para evitar o estancamento da economía e poder así superar a débil ou nula creación de emprego estable e, para elo, é preciso recuperar o poder adquisitivo dos salarios, un plan de choque contra o desemprego e reactivar a demanda do consumo. CCOO lembra a necesidade urxente de derogar as reformas laborais para recuperar un mercado de traballo estable e con dereitos e para elo, animan a tódolas persoas asalariadas e desempregadas, mozas e xubiladas da provincia a participar activa e masivamente nas eleccións xerais do próximo 28 de abril.