Polígono San Cibrao

Baltar destaca “o exemplo de compromiso por mellorar Ourense da contorna empresarial”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe, no acto conmemorativo do 53º aniversario do polígono de San Cibrao, “o exemplo de compromiso por mellorar Ourense da contorna empresarial máis importante de Galicia”.

ondacero.es

Madrid |

Poligono San Cibrao | onda cero

No acto, celebrado na sede da asociación de empresarios, participou nesta edición o presidente do grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira, quen salientou “o gran nivel de preparación e competitividade das empresas do polígono de San Cibrao”.

Baltar, quen lembrou no seu discurso a figura de José Manuel Pérez Canal, presidente da CEO, recentemente falecido, dixo que conmemoracións como a de hoxe, “na que poñemos en valor máis de medio século de traballo empresarial e asociativo, subliñan a importancia das sinerxias e da cooperación público-privada para xerar riqueza e avanzar na mellora dos datos socio-económicos”, tal e como reflicte, dixo, o estudo “O polígono en cifras”, que rebela que a contorna empresarial máis importante de Galicia rexistra unha cifra de negocio de 100.000 millóns de euros, e conta con 8.500 traballadores, 4, 8 millóns de metros cadrados de superficie e 432 empresas.

No acto, celebrado na sede da asociación de empresarios, participou nesta edición o presidente do grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira –a quen Baltar cualificou como exemplo de cooperativismo-, quen salientou no seu relatorio “o gran nivel de preparación e competitividade das empresas do polígono de San Cibrao”.

O presidente do goberno provincial comentou a “colaboración permanente” que a Deputación de Ourense vén mantendo co polígono de San Cibrao, citando como un dos exemplos o servizo de bombeiros e emerxencias, sufragado ao cen por cen pola Deputación, e subliñou “a posición de vangarda” das empresas do polígono nos ámbitos dixitais e do comercio online, “o que contribúe, ao igual que outros indicadores positivos, a aumentar a competitividade e posicionar esta contorna empresarial como unha das máis importantes”.

O acto contou tamén coa participaron e a presenza do presidente da asociación de empresarios do polígono de San Cibrao, Elías Mera; o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e representantes de empresas do polígono.