Barquero criticaba que o edil de urbanismo José Cudeiro “teña intención de seguir adiante cunha folla de ruta unipersonal” cun documento sen informar pola asesoría xurídica e pasando por alto o que poida decir a intervención municipal.
Para Barquero é un "despropósito que o PP xogue co futuro de Ourense e manteña ca cidade un comportamento despótico", razón pola que en aras do consenso, os socialistas retomarán os contactos cos colectivos sociais para tentar que o goberno popular mude a sua metodoloxía antes de sumir de novo á Ourense nunha "inseguridade xurídica". O voceiro do grupo municipal socialista comprometeuse a que se gobernan "haberá un pxom con consenso e sen crispacion" e acusou ao alcalde Xesus Vázquez de estar tecendo unha "estratexia" en connivencia co presidente Feijoo para chegar plantarse nas eleccións "agochando teñen a cidade paralizada"