A garda civil de Ourense reanimou a un bebé en parada cardiorespiratoria que viaxaba nun vehículo pola cidade de Ourense. Os berros dos ocupantes alertando da situación levaron á rápida actuación dos axentes.
O suceso tivo lugar de madrugada cando un equipo de investigación de accidentes da agrupación de tráfico circulaba á altura do Xardín do Posío.
O bebé ten 10 días de vida e non presentaba sinais vitais e pudo ser reanimado.
Inmediatamente despois e no propio vehículo oficial, nai e fillo foron trasladados ó CHUO onde o cativo quedou ingresado en observación.
Pai e nai son veciños de A Valenzá (Barbadás)