O Bloque Nacionalista Galego pide á Xunta de Galicia explicacións por "dopar" con 1 millón de euros á Fundación San Rosendo.
A parlamentaria ourensá Noa Presas acusa á administración autonómica do PP de "falla de transparencia e de concorrencia competitiva dun programa que custa tres veces máis que o -Benestar en Balnearios-.
Presas asegura que nin se coñece o convenio nin os criterios para seleccionar ás usuarias, como tampouco como serán avaliados os resultados, ademáis de disvriminar a outras empresas e institucións no mesmo sector.