O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense advirte da necesidade de que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal conte coa máxima seguridade xurídica.
Os edís nacionalistas expresaron a sua preocupación diante das “moitas dúbidas” existentes e reflexadas nos informes que forman parte do expedente relativas á seguridade xurídica do PXOM polo procedemento seguido e as decisións adoptadas ao longo de todo este tempo, segundo expresa o voceiro do Bloque, Luis Seara.