O BNG resposta ás críticas do goberno municipal sobre o vial entre Barrocás e a N-525, sinalando que as críticas “unha vez máis chegan tarde”, lembrándolle que os nacionalistas levan dende o 2023 reclamando a execución total do vial.
Dende a formación nacionalista lembran que dito proxectro foi obxecto de debate nos plenos da Deputación e do Concello e lamentan que na nota de prensa emitida polo goberno de Democracia Ourensana, se faga mención ó acordo plenario acadado en xaneiro “pero obviando nomear quen impulsou ese acordo que foi o Bloque”.
O goberno municipal calificara onte como "aldraxe" o "descafeinado proxecto da Xunta para conectar a estrada nacional coa Avenida de Zamora.
A este mesmo respecto a voceira municipal do PP, Ana Méndez, criticou a "estratexia de confrontación do Alcalde co goberno galego, instándoo a colaborar para que os proxectos en marcha sigan avanzando.
Os populares defenden o compromiso da Xunta con Ourense con actuacións en materia de vivenda, sanidade e servizos sociais.