Orzamentos

O BNG critica os orzamentos da Deputación de Ourense por continuistas

Consideran que son uns orzamentos tramposos

Paco Sarria

Ourense |

O BNG critica os orzamentos da Deputación de Ourense por continuistas
O BNG critica os orzamentos da Deputación de Ourense por continuistas | onda cero ourense

O voceiro do BNG na Deputación Provincial de Ourense, Bernardo Varela, calificou os orzamentos que foron debatidos na comisión informativa de Facenda da institución de "continuistas" tanto no reparto de fondos como por permitir un reparto baseado na "subxectividade".

O grupo provincial nacionalista considera ademáis que son "tramposos" xa que, a pesares de reducir os cartos orzamentados a subvencións nominativas, créanse partidas novas a cero euros ás que poderán asignar fondos a futuro e seguir mantendo así un reparto "a dedo" dos fondos provinciais "como dende hai décadas ven facendo o PP".