O grupo municipal do BNG no concello de Ourense di que o acordo para unha moción de censura é posible, pero que non van a agardar máis que un tempo prudencial para que PSOE e PP acepten as súas condicións que pasan por un Alcalde ou Alcaldesa socialista, aceptando un goberno de coalición co PP e unha negociación de puntos de interese para a cidadanía unha vez que o goberno esté constituído, pero nunca antes, anque hai moitos enunciados nos que concordan co platexado polos socialistas como a necesidade duns orzamentos, ou da exposición pública do PXOM.
O que máis claro ten o BNG é que a prioridade é sacar a Jácome da Alcaldía, como insistíu o voceiro municipal do BNG, Luis Seara.
Os nacionalistas sospeitan que os populares non van a decidir sobre este asunto antes do 13 de xullo, data fixada para o congreso extraordinario que proclamará a Luis Menor como presidente provincial e creen que hai quen no PP está interesado en que a moción non prospere.
O que teñen claro é que está a producirse unha batalla polo relato de quen sería máis culplable de que a moción non prospere.
E tan claro como a loita na batalla polo relato, teñen tamén que si a moción non prospera, a sociedade vai a castigar esa resolución.