O BNG promove a elaboración dun Plan de Industrialización para a bisbarra de Ourense.
Os nacionalistas instarán á Xunta de Galicia a que convoque ós sindicatos ourensáns para a elaboración conxunta dun Plan Comarcal para industrializar a provincia co obxectivo de protexer e promover o emprego e a actividade industrial, con medidas dirixidas a fomentar a innovación, o investimento e a formación personal.
O parlamentario nacionalista ourensán, Iago Tabarés declarou que “ao longo das últimas décadas foron varias as crises do sector auxiliar da automoción de Ourense, crises que provocaron despidos, peches de fábricas ou recolocación de traballadores.