O grupo municipal do BNG considera un "bluf" a concesión da cafetería do Xardín Xaponés que o Alcalde Pérez Jácome vendeu como "unha gran xestión" no 2020.
Os nacionalistas contan que o pasado día 16 a Plataforma de Contratación do Estado publicou a resolución do contrato e lembran que dende o primeiro momento alertaron das "moitas dúbidas existentes en torno ó adxudicatario" o cal incumpríu reiteradamente o contrato asinado no seu día.
Agora preguntan dende o BNG como van a proceder xa que a día de hoxe hai outra empresa xestionando o espacio mediante unha subcontrata co anterior adxudicatario.