Saúde

BNG denuncia listas de agarda en psicoloxía en Ourense

Denuncian tamén os pacientes en espera en psiquiatría

Paco Sarria

Ourense |

BNG denuncia listas de agarda en psicoloxía en Ourense
BNG denuncia listas de agarda en psicoloxía en Ourense | onda cero ourense

O BNG reclama da Xunta de Galicia o reforzo da atención psicolóxica infanto-xuvenil na Área Sanitaria de Ourense, incrementando medios e personal.

A deputada nacionalista ourensá Noa Presas denunciou demoras de ata medio ano para unha primeira consulta, agravada polo feito de que a sanidade pública na provincia non dispón dunha unidade de hospitalización de saúde mental para esas idades.

A parlamentaria engade que a todo elo hai que sumar outras carencias comos as limitacións na atención pediátrica hospitalaria “reducida a mínimos” e unha lista de psiquiatría no CHUO con 63,7 días de espera e 1253 pacientes agardando consulta.