O Bloque Nacionalista Galego denuncia a situación precaria na que se atopa o Parque Municipal de Bombeiros de Ourense. Para os nacionalistas faltan tanto medios materiais como medio humáns, o que podería provocar un problema de seguridade na cidade.
Poñen como exemplo o ultimo incendio habido no barrio de Covadonga xa que de haber nese momento outra emerxencia non podería ter sido atendida, o que para Luis Seara, voceiro do grupo municipal, "denota a irresponsabilidade deste goberno ó que o único que lle importa son as festas.
Apuntan asemade carencias técnicas no mantemento dos vehículos do parque e que neste momento serían necesarios, alomenos, 10 efectivos máis.