Municipal

O BNG ve dubidosa a poxa por unha barra no Entroido de Ourense

Os nacionalistas non comparten o procedemento

Paco Sarria

Ourense |

O BNG ve dubidosa a poxa por unha barra no Entroido de Ourense
O BNG ve dubidosa a poxa por unha barra no Entroido de Ourense | onda cero ourense

O grupo municipal do BNG dubida das bases impulsadas polo goberno de Democracia Ourensana para a adxudicación dunha barra de bar durante as festas do Entroido.

Os nacionalistas pedirán explicacións ó goberno local polo método empregado (de poxa)para o establecemento e pagamento do canos xa que, feitas varias consultas “resulta cando menos dubidoso o modelo escollido”, di o voceiro do Bloque Luis Seara.

Entre as dúbidas xeradas figura o exemplo de que nas bases fálase de “pago en especies” a empresas que o propio Concello indique.