BNG esixe ó Goberno garantir a fibra óptica a todos os fogares de Ourense
O deputado no Congreso polo BNG, Néstor Rego, esixe ó Goberno de Pedro Sánchez garantir a chegada da fibra óptica a todos os fogares ourensáns.
Rego sinala que "diante do apagamento da era do cobre, urxe que o Goberno vele para que ningún concello, núcleo de poboación ou casa queden sen acceso a internet".
Engade que dende concellos como Lobios ou Vilamartín de Valdeorras, existen hoxendía casas sen acceso á rede a pesares de que as operadoras recibiron fondos públicos para despregar a fibra óptica.