O Bloque Nacionalista Galego pide aclaracións á Xunta de Galicia sobre os motivos que provocaron a caída dunha parte do teito do novo edificio de hospitalización do CHUO o pasado venres.
A parlamentaria nacionalista ourensá, Noa Presas considera que o executivo galego debe explicar "cales foron as causas do incidente e aclarar si estamos diante dun feito pùntual ou si é consecuencia de deficiencias constructivas durante a execución da obra".
O edificio afectado é a construcción máis recente do complexo hospitalario universitario ourensán e, en principio, todo apunta a que a caída tivo como orixe unha fuga de auga na canalización que derivaría ademáis na inundación do vestíbulo e no desprendemento do falso teito da zona de entrada".