O BNG insta á Xunta de Galicia a rectificar e a escoitar aos profesionais do Centro de Saúde Nóvoa Santos nas súas demandas de non dividir servizos ante as obras de reforma previstas no inmoble.
A deputada nacionalista ourensá, Noa Presas sinala que a decisión unilateral da administración autonómica de dividir a prestación de servizos do actual Nóvoa Santos no Couto e no Centro de Especialidades “faise unha vez máis sen escoitar a quenes máis saben, caso dos profesionais que piden ser escoitados e tidos en conta”.