O BNG pregunta polas cautelas da Xunta de Galicia ó asinar investimentos de depuración en Cea, cun Alcalde que cometeu un delicto contra o medio ambiente.
A parlamentaria Noa Presas lembra que, segundo información públicas, o rexidor de San Cristovo de Cea, Valladares, foi condenado por un delicto contra o medio ambiente e pactou co Tribunal a inhabilitación por un ano para a toma de decisións políticas nese ámbito.
Por elo os nacionalistas preguntan que prevencións aplica o executivo galego para asegurar unha boa xestión dos recursos dos galegos por riba dos “intereses do electorais do PP”.