Municipal

O BNG propón a reforma do Regulamento Orgánico do Concello de Ourense

Queren con elo máis transparencia e trasversalidade

Paco Sarria

Ourense | 02.09.2024 12:04

O BNG propón a reforma do Regulamento Orgánico do Concello de Ourense
O BNG propón a reforma do Regulamento Orgánico do Concello de Ourense | onda cero ourense

O grupo municipal do BNG propón a reforma do Regulamento Orgánico do Concello de Ourense para adaptalo ós tempos e a nova realidade local.

Así o sinalou o voceiro municipal Luis Seara para quen o reforma do regulamento era un dos obxectivos marcados para o presente mandato para incrementar con elo os níveis de transparencia, participación cidadá e devolución da dignidade e o decoro ás sesións plenarias.

Para a edil nacionalista Erea Blanco o que persiguen é “un regulamento do século XXI, inclusivo e incluínte, que aposte pola trasversalidade efectiva entre os veciños e a institución.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora