Os edís nacionalistas no Concello de Barbadás levarán ó pleno de xullo unha moción para a creación dun Instituto de Ensino Secundario na localidade.
O edil do BNG, Sarín Nuñez, explicou en conferencia de prensa que hai unha poboación escolar de entre 12 e 16 anos que así o demanda e que hai localidades con menos poboación que Barbadás en Galicia que teñen ata dous Institutos.
Opinan asemade que esta infraestructura dinamizaría varios sectores, ademáis de evitar que o alumnado teñan que desprazarse ó instituto Ferro Couselo de Ourense que, recentemente, tivo que ampliarse polo alumnado procedente deste concello limítrofe.
Actualmente cursan estudios no Ferro Couselo (en Ourense), uns 260 alumnos e alumnas procedentes de Barbadás.
Na mesma liña os nacionalistas plantexarán a mesma demanda ó través dunha moción na Deputación provincial, entendendo que non facer un IES en Barbadás sería unha discriminación, ó tratarse ademáis dunha reivindicación histórica e necesaria.