Municipal

O BNG rexeita facer navegable o encoro de Cachamuiña

Lembran a recente sentencia que da a razón á CHMS

Paco Sarria

Ourense |

O TSXG rexeita autorizar a navegación no encoro de Cachamuíña
O TSXG rexeita autorizar a navegación no encoro de Cachamuíña | facebook

O BNG de Pereiro de Aguiar rexeita o proxecto de navegabilidade do encoro de Cachamuíña proposto e defendido polo goberno local do PP que preside Luis Menor.

Para os nacionalistas a intención de converter en navegable o encoro é un proxecto insostible por ser fonte de abhastecemento de auga da capital durante boa parte do ano e por carecer do caudal suficinte durante os meses de verán, o que provoca afloramento de cianobacterias que son perigosas para a saúde.

Así o entende o edil nacionalista Rubén García.

Lembremos que unha recente sentencia, a instancias da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, rexeitou as pretensións do concello de Pereiro de Aguiar.