Ensino

BNG solicita a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal

Queren que sexa abordada a situación do colexio Irmáns Villar

Paco Sarria

Ourense | 31.05.2024 08:30

BNG solicita a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal
BNG solicita a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal | onda cero ourense

O bng solicita a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal para analizar que ocorre co colexio Irmáns Villar co obxecto de aborda-la situación derivada dos alumnos que non disporán de praza no IES Otero Pedraio.

Asemade, a parlamentaria nacionalista, Noa Presas, demanda a intervención da Xunta para que escoite as lexítimas demandas de pais e nais neste caso. Argumentan que "é preciso que a administración autonómica, de xeito urxente, convoque este Consello Escolar pola situación derivada de que máis dunha ducia de alumnos se vexan separados da sua contorna para facer os catro cursos de secundaria, lonxe dos seus fogares, co que esto implica dende un punto de vista emocional e de ruptura, ademáis dos problemas de conciliación para as familias". Siguen insistindo, como a Anpa do centro, que debe atopárselles espacio no centro de referencia que para eles é o IES Otero Pedrayo no que, a día de hoxe, non teñen praza.