O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense pedirá a reprobación do Alcalde pola compra dos “busitos”.
Os nacionalistas responsabilizan ó rexidor de empecinarse e de dilapidar perto de 3 millóns de euros na compra duns vehículos “ruinosos, que non cumpren co seu cometido e que acumulan continuas avarías e queixas dos veciños e dos traballadores da concesionaria”.
Por elo o voceiro nacionalista Luis Seara levará ó pleno de abril unha moción demandando a reprobación.