O BNG urxe no Senado ó Ministerio de Transición Ecolóxica cumprir con Ourense e executar o proxecto da EDAR da San Cibrao das Viñas e o saneamento do Barbaña.
A Senadora Carme Silva subliña que despois de oito anos da licitación por primeira vez da redacción do proxecto, o Goberno non deu orde de comezar as obras desta infraestructura, polo que demanda axilizar a tramitación e rematar o proxecto por que “resulta xa esgotador o constante retraso na execución das obras”.