Membros do servizo de prevención e extinción de incendios do Concello de Ourense sumáronse como vontarios para colaborar nos labores de emerxencia que están a realizarse en diversas localidades valencianas como consecuencia dos danos provocados pola dana hai unha semana.
O grupo de seis bombeiros partíu onte luns ás oito da tarde e outros tantos daranlles relevo ó longo da semana.
O Concello de Ourense colabora con esta iniciativa asumindo os gastos de desprazamento e proporcionando os medios materiais necesarios.