Temporal

A borrasca Martiho deixa múltiples incidencia en Ourense

Afectou ó tráfico ferroviario e provocou cortes de luz

Paco Sarria

Ourense |

Las rachas de viento provocaron la caída de árboles y ramas
Las rachas de viento provocaron la caída de árboles y ramas | OC

A borrasca Martinho deixou varias incidencias en Ourense con servizos de transporte modificados que afectaron ó ferrocarril xa que Renfe tivo que trasladar pasaxeiros do Alvia Vigo-Barcelona en autobús dende Monforte ata León.

Asemade o servizo entre Ourense e Monforte estivo interrumpido pola caída dunha árbore sobre a catenarias.

Engadir que un autobús do transporte escolar víu bloqueado seu paso en Coles pola caída dun eucalipto sobre a estrada.

Unha borrasca que impedíu a celebración normal do mercado tradicional en Celanova e que provocou tamén cortes de luz principalmente de madrugada e afectando a localidades como Allariz, Maceda, Trives, A Gudiña e Laza entre outras.

Houbo o desprendimento dun tellado en Viana do Bolo e caídas de tendido eléctrico e cableado telefónico en varios puntos anque sen afectar á circulación.

A caída de árbores provocou o corte en estradas á altura de Ourantes (Punxín) e na Avenida de Portugal de Xinzo (incidencia que foi resolta polos bombeiros).

O vento tamén derrubou a figura de pizarra de Florencio Delgado Gurriarán en Vilamartín de Valdeorras ocasionando danos. E tamén houbo problemas co subministro eléctrico en Trives ou San Xoán de Río.