As brigadas de obras da Deputación Provincial de Ourense realizaron traballos en estradas de 15 concellos no primeiro semestre deste ano.
O custe para a institución supera os 146 mil euros e o tempo adicado foi de 122 días, segundo detalla o gabinete de comunicación.
Os concellos beneficiados foron os de Pontedeva, Vilamarín, Cenlle, Coles, Melón, Amoeiro, Pereiro de Aguiar, Manzaneda, Cualedro, Lobios, Monterrei, Bande, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e no concello de Taboadela nun par de ocasións.