A Deputación Provincial de Ourense mellorará a accesibilidade na área natural e recreativa de Cachamuíña cunha nova ponte peonil.
A pasarela substituirá á xa existente, eliminando barreiras arquitectónicas nesta zona verde e de esparexemento da cidade e da súa área metropolitana.
Como entidade responsable da xestión deste espazo a institución provincial ten tamén prevista a construcción duns baños públicos e dun parque canino.
A actual pasarela, na cola do encoro, presenta actualmente deficiencias por deterioro e, como consecuencia, ten elevados custes de mantemento.