Un camioneiro interceptado pola garda civil na A-52 á altura do termo municipal de Verín, quintuplicaba a tasa máxima de alcohol permitida ós conductores profesionais.
A dotación de Tráfico acudía para auxiliar ó camioneiro polo reventón dun neumático cando o camión articulado circulaba transportando 24 toneladas de mercadorías.
Os axentes notaron que o conductor desprendía un forte cheiro a bebidas alcólicas polo que lle efectuaron as probas regulamentarias mediante ar aspirado arroxando unha taxa de 0,76/0,77, cando a taxa máxima para estos casos é de 0,15.
Por elo o camioneiro é investigado por un presunto delicto contra a seguridade vial ó supera-la taxa de 0,60.
O camión quedou inmovilizado ata que o conductor pudo reanuda-la marcha e despois de que este manifestara que ía a cear a unha churrasquería próxima e a agardar a que se lle pasaran os efectos.