San Cibrao das Viñas acolle este domingo a oitava edición da súa tradicional carreira popular do Nadal. Ás 10:30 horas comezará a proba dos corredores escolares que percorrerán 2,5 kilómetros. Unha hora máis tarde será a quenda dos adultos, que completarán un circuito de 10 kilómetros. E xa ás 13 horas serán os pitufos os que disputarán a súa proba de breve distancia.
Tanto a saída como meta estarán situadas nas instalacións das piscinas municipais de Ponte Noalla.
Con 650 inscritos ata o momento, 500 deles na carreira para adultos completando as inscripcións dispoñibles, a recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
Así mesmo, aproveitamos a ocasión de falar co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, para que nos adiantara algún detalle da inminente visita de Papá Noel ao seu concello, que estará o sábado 21 de decembro a partir das 17 horas no polideportivo municipal para recibir a todos os nenos da zona. Rematará esta máxica tarde cunha chocolatada.
![Vive a túa propia historia Vive a túa propia historia](https://image.ondacero.es/clipping/cmsimages01/2019/10/07/50CF5F25-1814-4E07-88A4-54ECAC60C44C/58.jpg?crop=794,450,x10,y0&width=1000&height=567&optimize=low&format=webply)