Carreira Popular San Martiño

A carreira popular do San Martiño requirirá este domingo pechar ao tráfico diferentes rúas da cidade

A Policía Local recoméndalle a quen teña que conducir esa mañá que utilice itinerarios alternativos nos seus desprazamentos.

ondacero.es

Ourense | 15.11.2019 13:39 (Publicado 15.11.2019 13:37)

Cortes de Tráfico Ourense
Cortes de Tráfico Ourense | Concello de Ourense

A celebración da Carreira pedestre popular San Martiño 2019 requirirá pechar ao tráfico de vehículos diferentes rúas da cidade o domingo, 17 de novembro. O dispositivo de tráfico deseñado para a proba prevé que os cortes de tráfico se realicen en 3 etapas:

- Desde as 5.00: Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Glorieta Nexus 6 e accesos.

- Ás 9.00 Avenida de Castelao e Avenida de Zamora

- Ás 10.00, o resto do circuíto: Xesús Pousa, Praza da Estación, Caldas, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. Portugal, Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Bispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Habana, Cardenal Quevedo, Rodríguez Castelao, Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. Santiago.

O Concello solicita desculpas polas molestias que vaian ocasionar estas restriccións de tráfico, que resultan imprescindibles para o desenvolvemento da carreira, referente do atletismo popular en Galicia, e que suma máis de 10.894 persoas inscritas para esta edición.

A Policía Local recoméndalle a quen teña que conducir esa mañá que utilice itinerarios alternativos nos seus desprazamentos, a través dos barrios de Peliquín, O Polvorín e San Francisco, a rúa Alfredo Brañas, a Ponte Ribeiriño e Salto de Velle, en función da ruta que deban seguir.