Maiores

Castrelo de Miño contará con dúas Casas do Maior

As casas do maior, son un proxecto piloto do que van poder disfrutar os veciños e veciñas de Castrelo de Miño a partires do mes de abril. É un servizo que brindará atención profesional ás persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa nos concellos de menos de 5.000 habitantes

ondacero.es

Ourense | (Publicado 20.02.2019 09:30 )

Marta Gonzalez, alcaldesa de Castrelo de Miño Julita Martinez e Nuñez Feijoo | Xunta de galicia

O alcalde manifestou a súa satisfacción por poder contar cun novo servizo no noso concello:"Nos ultimos anos fomos capaces de conseguir as axudas necesarias para contar no noso concello cunha Casa-Niño para atender aos cativos de 0 a 3 anos, mellorar as instalacións do CEIP de Castrelo de Miño para os nenos de 3 a 12 anos, ter unha Vivenda Comunitaria para os nosos maiores, e agora poder dispoñer de dúas Casas do Maior para atención de persoas con dependencia durante oito horas ao día".

As casas do maior, son un proxecto piloto do que van poder disfrutar os veciños e veciñas de Castrelo de Miño a partires do mes de abril. É un servizo que brindará atención profesional ás persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

En canto ás características destas casas do maior, nelas poderase atender a cinco maiores en cada unha delas, durante un máximo de oito horas diarias, con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade.

Estas axudas concederonse en réxime de concorrencia competitiva, e a profesional que as atenda deberá vivir no propio concello.

No mes de setembro de 2018 o concello organizou unha xornada informativa aberta a toda veciñanza na que se daba cumprida información destas axudas e se animaba aos veciños/as a dar o paso con esta iniciativa novidosa, vista a experiencia tan positiva do funcionamento da Casa Niño, unha iniciativa similar, na que tamén colaborou o concello.

Desde o concello de Castrelo de Miño colaborouse desde ese momento coas iniciativas emprendedoras xurdidas desa reunión e o alcalde manifestou a súa satisfacción por poder contar cun novo servizo no noso concello: "Nos ultimos anos fomos capaces de conseguir as axudas necesarias para contar no noso concello cunha Casa-Niño para atender aos cativos de 0 a 3 anos, mellorar as instalacións do CEIP de Castrelo de Miño para os nenos de 3 a 12 anos, ter unha Vivenda Comunitaria para os nosos maiores, e agora poder dispoñer de dúas Casas do Maior para atención de persoas con dependencia durante oito horas ao día". Manifestou así mesmo que "con isto demostrase que o concello pode ser un instrumento para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Castrelo para vivir é isto, poder atender e formar aos nosos nenos, e coidar aos nosos maiores".