Municipal

PP celebra a achega de 300 mil euros para emerxencia social no Concello de Ourense

Lembran que xa solicitaran esta axuda para servizos sociais

Paco Sarria

Ourense |

Noelia Pérez, concelleira do Partido Popular de Ourense
Noelia Pérez, concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP apoiará a modificación de creto incluída no segundo pleno extraordinario do Concello de Ourense este venres por que "as necesidades das persoas están por riba de todo". A modificación de creto ten como fin paliar situacións de emerxencia social e os populares aseguran que levan meses traballando para conseguir a mellora dos Servizos Sociais municipais.

Lembran que demandaron esta modificación de creto en repetidas ocasións, despois de detectar que existen 300 persoas pendentes de axuda.

Engaden que o 30 de setembro xa foron habilitados en sesión plenaria extraordinaria e por unanimidade dos grupos da oposición, 800 mil euros para axudas sociais urxentes.