Ciberprostitución

A ciberprostitución evidencia que o modelo está mudando, di o Subdelegado do Goberno de Ourense

Conferencia sobre erradicar a trata e a explotación sexual

Paco Sarria

Ourense |

A ciberprostitución evidencia que o modelo está mudando, di o Subdelegado do Goberno de Ourense
A ciberprostitución evidencia que o modelo está mudando, di o Subdelegado do Goberno de Ourense | onda cero ourense

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou na conferencia "Erradicar a trata e a explotación sexual. Unha responsabilidade colectiva" organizada pola Unidade de Coordenación contra a Violencia de Xénero da Delegación do Goberno en Galicia.

Durante a sua intervención, Santos sinalou que a ciberprostitución pon en evidencia que "o modelo criminal está cambiando", apostando pola formación dos axentes para afrontala. Neste contexto repasou o Subdelegado os tres desmantelamentos de organizacións de trata de mulleres que a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a efecto nos últimos catro meses na nosa provincia, indicando que "as mulleres estaban en situación de absoluta escravitude e isto está pasando agora".