Sinistro vial

Ciclista ferido moi grave en sinistro ocorrido na N-540

Non facía uso de medidas de seguridade

Paco Sarria

Ourense | 02.08.2024 09:56

Ciclista ferido moi grave en sinistro ocorrido na N-540
Ciclista ferido moi grave en sinistro ocorrido na N-540 | La Vanguardia

Ferido moi grave un ciclista como consecuencia dunha colisión cun turismo ocorrido ás 3.45 horas da madrugada no kilómetro 71 da estrada nacional 540 que comunica Lugo con Ourense, no termo municipal de A Peroxa.

O ciclista, de 70 anos e veciño da localidade de Pitón, foi alcanzado por unha furgoneta nun tramo recto sen alumeado público e no que o ferido non facía uso de medidas de protección nin de prendas reflectantes.

A garda civil informa de que a vía non se atopa no catálogo de rutas ciclistas protexidas.