A Cig presentou hoxe no rexistro da Xunta en Ourense un escrito asinado pola xunta de persoal funcionario da administración autonómica no que reclama ao goberno do estado a urxente derogación da reforma das pensións e o restablecemento do dereito á xubilación parcial aos 61 anos.Dende a CIG sinalan que a medida beneficiaría en Ourense a uns 12.000 empregados públicos e reclaman que este dereito non sexa exclusivo do sector industrial. Para o sindicato é unha medida asumible que beneficiaría tamén o relevo de traballadores máis novos e garabtiría a caixa das pensións.
O sindicato reclama "pensións dignas e garantidas" demanda que trasladarán nunha manifestación convocada en Compostela o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 12 do mediodía.