Club Ourense Baloncesto perdía a ventaxa de campo na última xornada da liga regular despois de perder en Melilla tras unha odisea de viaxe.
O rival no play off era Oviedo Baloncesto e ata terras asturianas viaxaron os discípulos de Gonzalo García de Vitoria co obxectivo de arrancar unha victoria e recuperar deste xeito a ventaxa de campo. Pois ben, non foi unha senón dúas as victorias acadadas polos ourensáns que este xoves agardan que o Paco Paz sexa o das mellores ocasións para sentenciar a serie e disputar a primeira edición dunha Final Four que vai a dar unha praza de ascenso a ACB. Será unha primeira bala, a segunda sería o sábado.
Para este partido a directiva de Club Ourense Baloncesto estableceu prezos populares e pide que o Pazo se converta nunha caldeira apoiando a Rio Ourense Termal para lograr á primeira (este xoves a partir das 20:00 horas) a victoria que dé o paso a Final Four
Precios Rio Ourense Termal - Oviedo Baloncesto
Horario de oficinas: