Coopereación

O Colegio Hogar de Afundación, entrega á Xunta máis de 5000 máscaras sanitarias

A Obra Social de ABANCA, a través do seu Colegio Hogar, fixo chegar á Xunta de Galicia un total de máis de 5000 máscaras para reforzar o material de seguridade necesario para o persoal sanitario que se enfronta á epidemia do coronavirus.

Óscar Gómez

Ourense |

O Colegio Hogar de Afundación, a Obra Social de ABANCA, elabora mascarillas | abanca

Esta iniciativa de Afundación, impulsada a instancias dos docentes do departamento de Artes Gráficas do Colegio Hogar, coñecido como A Cociña Gráfica, e cuxo obradoiro de impresión dixital é un referente a nivel estatal, vénse desenvolvendo desde o pasado venres 20 de marzo, cando se recibiu a validación de seguridade sanitaria pertinente, tras someter a exame o prototipo de máscara realizado.

A partir dese momento, toda a maquinaria, persoal voluntario e materiais se puxeron á disposición do centro de Afundación. Organizáronse dúas quendas de traballo diario, integradas por docentes, persoal de administración e servizos (PAS) e exalumnos, cuxo

ritmo de produción se foi incrementando ata chegar á elaboración de case as 200 máscaras por hora que se constata a día de hoxe.

Esta colaboración de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu Colegio Hogar, coa Xunta de Galicia nesta crise sanitaria está sendo posible, ademais de pola iniciativa dun profesorado comprometido socialmente, grazas á colaboración das grandes empresas do sector mediante a maquinaria que poñen á disposición do centro: SignTronic, Siser, Framun Techno, Tajima, Roland e Delikia. Pola súa banda, a Asociación Teis Robotics, ademais de fabricar o seu propio material para pantallas de protección facial con impresoras 3 D, está axudando na terminación de cosido e encolado das máscaras.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, é unha entidade socialmente comprometida que, nesta complexa etapa de excepcionalidade, se segue implicando para continuar ao carón da cidadanía. Neste caso, mediante a reconversión das súas actividades orixinais para axudar en momentos de dificultade de subministración de materiais. Afundación seguirá traballando para contribuír ao avance e á mellora da nosa sociedad