[[DEST:Día Escolar da Non Violencia e a Paz.]]
Os alumnos e alumnas do Colexio Carmelitas de Ourense, xunto cos seus profesores e profesoras, queren facer público o seu compromiso coa PAZ nesta celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Todos xuntos, cas familias, no Polideportivo Vedruna celebraron un acto cargado de simbolismo onde leron un manifesto conxunto para que a violencia e o medo non formen parte da vida de ningunha persoa.
Este ano para conmemorar o Día da Non-Violencia e a Paz, desde o Colexio Carmelitas, decidiron traballar en cada curso con persoas de referencia mundial no ámbito da loita pola Paz.
Cada curso elixiu un personaxe relevante coma Nelson Mandela, Malala Yousafzai, “Padre Ángel”, Martin Luther King, Rigoberta Menchú, ou Mahatma Gandhi.
Os alumnos aprenderon os seus nomes, algunhas das súas accións máis famosas, pero sobre todo aprenderon que, con pequenos xestos se pode cambiar o mundo.