Comezou o xuizo contra a ex edil socialista de urbanismo do Concello de Ourense, Áurea Soto á que un promotor acusa dunha presunta prevaricación administrativa por ter autorizado a reapertura da residencia universitaria do Campus sen que se executasen as obras de urbanización que incluían accesos para a extinción e evacuación de lumes.No inicio de vista, Soto declarou que sempre estivo amparada polos informes de técnicos e xuristas municipais e tamén dos bombeiros.
A residencia abriu cun goberno do PP en 2001, foi clausurada por mandato xudicial e reaperturouse cunha licencia de ocupación outorgada polo goberno socialista en 2011.A denuncia foi presentada pola promotora Casas Ourense cuxo letrado Antonio Feijoo Miranda reclama un ano de cadea e inhabilitación para cargo público por entender que a ex edil socialista pasou por alto as suas obrigas outorgando á empresa da residencia "unha licencia express".
A vista continúa mañá e a ela están chamados coma testemuñas técnicos do concello e ex edis populares da etapa do ex alcalde Manuel Cabezas.