Xunta de Galicia

Comité de Persoal acusa á Consellería de Política Social de oscurantismo co CAPD de Ourense

O departamento autonómico non aclara como será a xestión

Paco Sarria

Ourense |

La conselleira de Política Social, Fabiola García, en Onda Cero
La conselleira de Política Social, Fabiola García, en Onda Cero | Onda Cero

O Comité de Empresa do Personal da Consellería de Política Social de Ourense denuncia un caso de oscurantismo por parte deste departamento autonómico por non definir como será a xestión do futuro Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional (CAPD) de Ourense.

Explican que nunha recente entrevista coa Secretaria Xeral, non soamente non respostou á pregunta, senón que "nun exercicio de desprezo absoluto aos representantes do personal da provincia de Ourense, a súa constestación foi que "non tiña nada que falar con este comité, xa que o CAPD ainda non tiña representación laboral".

Por elo preguntan cal é o interese da Consellería en que a xestión do CAPD non sexa pública cando a sociedade ourensá así o reclama e esixen que a futura dotación de personal para o centro sexa público ó igual que nos restantes centros de estas características en Galicia.