O Concello acomete reparacións en distintas instalacions municipales
Estas céntranse sobre todo no que refire a substitución de redes e equipamentos deportivos, pero que tamén abranguen traballos de albanelería e xardinería efectuados por persoal do Consello Municipal de Deportes dependente da Concellería de Deportes
Nas últimas semanas, o Consello Municipal de Deportes vén acometendo reparacións e melloras en distintas instalacións municipais.
Estas céntranse sobre todo no que refire a substitución de redes e equipamentos deportivos, pero que tamén abranguen traballos de albanelería e xardinería efectuados por persoal do Consello Municipal de Deportes dependente da Concellería de Deportes.
“Cos nosos propios recursos, damos resposta ás demandas veciñais e mantemos o que temos para ofrecer os mellores servizos aos usuarios e usuarias das instalacións deportivas da cidade”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad
As obras contempladas son as seguintes:
No Complexo Deportivo de Oira:
Retiraronse uns arbustos dun noiro, polo risco de caída no interior das instalacións
Reparouse un socavón nos accesos á grada desde a Rúa do San Silvestre.
Repararonse os peches do campo de fútbol que dan ó Paseo Fluvial de Oira.
Nas vindeiras semanas, se reparará o peche no lado da baixada ó Paseo Fluvial (lado das novas canchas de volei praia).
Na zona de Paseo Fluvial e dado este bo tempo se adiantaron os traballos de poda das árbores deste espazo.
Nascanchas deportivas de Covadonga, (sobre Rúa Apolo):
Instalouse unha nova canastra, retirando as móviles que existían orixinariamente polo risco que entrañaban.
Nacancha polideportiva de Seixalbo:
Renováronse peches e substituíronse taboleiros e aros por elementos antivandálicos.
Na cancha polideportiva de Santa Mariña:
Substitúese o peche da cancha, incrementando a altura do mesmo nun dos fondos para que non afecte á Asociación de veciños.
Tamén se procedeu á reposición de taboleirosna pista do Barbaña.
Por outra banda, nestes días estanse efectuando melloras na pista
do "Peco", a carón da Rúa Xose Luis López Cid, no barrio da Ponte.
Nacancha no Barrio da Inmaculada:
Nos vindeiros días melloraranse os peches.
Na cancha polideportiva de Santa Teresita:
Intalarase un peche no lado que dá ao parque infantil para que os cativos poidan xogar sen estar expostos a recibir golpes cos balóns.