O Concello de Ourense e o Mercado de Abastos número 1 de Ourense veñen de asinar un protocolo de colaboración para a posta en marcha de distintas actividades lúdico-educativas entre os escolares da cidade ao longo deste ano que contribúan á educación para o consumo responsable entre a rapazada, así como para potenciar o desenvolvemento do comercio local.
O Concello de Ourense colaborará coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Mercado de Abastos dándolle difusión as actividades programadas a través da Concellería de Educación, co gallo de potenciar a educación dos futuros consumidores.
O calendario de propostas comezará o vindeiro 19 de marzo, con motivo do Dia do Pai. Tamén están previstas actividades o primeiro domingo de maio de 2019, con motivo do Día da Nai; a actividade “Quere o teu mercado”, do 15 ao 30 de maio; e o “Concurso de Cabaciñas”, do 15 ao 31 de outubro de 2019.