O Concello de Ourense convocou o concurso dos Maios e coplas incrementando a dotación.
O mellor maio artístico recibirá 1000 euros, o mellor maio enxebre recibirá 700 e as mellores coplas adultas e infantís 500 eurosen cada categoría.
As inscripcións poderán realizarse ata o 28 de abril e a celebración terá lugar o domingo 4 de maio.
Poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello empregando un modelo que pode ser descargado na web municipal www.ourense.gal ou solicitándoo na Área de Artes e Festexos no Auditorio Municipal.